Clases Maxistrais

Formulario de inscripción


Profesores:

FRAUTA TRAVESEIRA: Soraya López Rodríguez

Naceu en Pontevedra no ano 1981. Comezou os seus estudos musicais aos 8 anos na Banda de Música Lírica de Tenorio. Con 9 anos recibiu as súas primeiras clases de Frauta Traveseira da man do maestro D. José Antonio Rey Alonso, obtendo por libre e coas máis altas calificacións o título de instrumentista no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Anos máis tarde continúa os seus estudos con Dna. Adela Vidal, D. Pablo Coria, D. Francisco Seoane e D. Iago Lariño, rematando o Grao Profesional na especialidade de Frauta Traveseira no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra.  

Asiste a  cursos de técnica instrumental con diferentes frautistas, entre os que cabe destacar a D. André Cebrián ou a  Masterclass impartidas por D. Emmanuel Pahud (solista da Orquesta Filarmónica de Berlín). 

Entre os anos 1997 e 2003 foi solista da Banda de Música de Salcedo e neses dous últimos anos tamén formou parte da Banda de Música Municipal de Pontevedra.

 

Na ctualidade é profesora de frauta na Escola de Música Municipal de Valga, na Escola de Música Municipal de Meis e directora da Escola de Música de Marín. 


Clarinete: Roberto López Martínez

Nace en Vigo en 1994. Comeza a tocar o clarinete na Banda de Música de Chapela á idade de sete anos. No ano 2006 inicia os seus estudos no Cmus Profesional de Vigo con Esteban Valverde, rematandoos no 2016 con Felipe Agell.

No ano 2014 cofunda o Cuarteto Brétemas. Con dito cuarteto realiza a estrea mundial da obra “Clarinet Quartet” de Eduardo Soutullo.

Paralelamente os seus estudos, recibe clases de Andrew Marriner, Vicent Alberola, Luis Miguel Méndez e Carlos Gálvez Taroncher entre outros.

 

Actualmente é membro activo da Banda Escola de Música de Beade, participando tamén en diferentes agrupacións como a Orquesta Clásica de Vigo e a Banda de Música de Pontevedra, así como en distintas agrupacións do panorama galego.


Saxofón: Alicia Caride Posada

 Nacida en Vigo no 1996, comeza os seus estudos musicais  con 8 anos na Escola de Música da Unión Musical de Valladares. En dita Escola, foi onde se preparou para acceder ao grao elemental  no Conservatorio Profesional de Música de Vigo,  aprobando así  cunha das mellores notas do momento.  

     Catro anos despois comeza o grao profesional neste mesmo centro, onde continúa actualmente os seus estudos, estando a piques de rematalos. 

Compaxina a sua formación musical con outros estudos, formándose tamén en idiomas. 

 

     Realizou  cursos complementarios de saxofón con profesionales da talla de Javier Comesaña Vila. É membro en activo da Banda de Música Unión Musical de Valladares e colabora como reforzo en distintas agrupacións, destacando a Banda de Música Popular de Rubiós ca que asistiu a un intercambio na cidade de Valencia.


Metais: Alberto Arribas García

Naceu en  Madrid no ano 1978. Comezou os seus estudos musicais aos 8 anos na Escola de Música Municipal da Puebla de Montalbán (Toledo).  Aos 11 anos ingresa no Conservatorio de Música de Toledo  na especialidade de Trompa con D. Joaquín Celada (Trompa solista da Banda Municipal de Madrid) rematando no ano 1999 o título de Grao Medio coas máis altas calificacións nas especialidades de Trompa, Banda e Música de Cámara (mención honorífica).

No 2001 continúa os seus estudos superiores no Real Conservatorio de Música de Madrid con D. Miguel Ángel Colmenero (solista da Orquesta Nacional de España). No 2003 aproba por concurso-oposición para a escala de Suboficiais Músicos do Exército.  No 2007 remata os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo obtendo tamén o curso de aptitude pedagóxica.

Asiste a diversos cursos impartidos por Rodolfo Epelde (solista da ONE) e Wolgang Gag (solista da Orquesta Filarmónica de Munich).

Actualmente é o Trompa solista da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. 

 

No aspecto docente é profesor de Trompa na Escola de Música Municipal de Valga, profesor de Metal na Escola de Música Municipal de Meis e profesor na Escola de Música de Marín.


Percusión: Pablo Blanco Cordero

Nace en Vigo no ano 1995. Comeza os seus estudos musicais aos 5 anos na Escola Municipal de Música de Vigo, pasando posteriormente a cursar o Grao Elemental e o Profesional no conservatorio Profesional de Vigo co mestre David Rodríguez García, onde remata coas máximas cualificacións e obtén o Premio Extraordinario de Fin de Grao Profesional.

Obtivo no ano 2006 o primeiro premio no “III concurso de Xoves intérpretes de Vigo”, en 2010 o premio “David Russel para novos talentos”, e en 2014 protagoniza o recital de percusión dentro do ciclo “Son futuras promesas”, organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

Asistiu a clases e cursillos de perfeccionamento con Pius Cheung, Nick Woud, Pedro Carneiro, Mark Braafhart, Jeff Davies, Nuno Aroso, Rafael Gálvez, César Peris, Simone Rebello, Joan Pons, Paulo Silva, Ignacio Molins Bosch, entre outros.

É membro, a día de hoxe, da orquestra Clásica de Vigo, da JONDE, da orquestra Xoven Vigo 430, colabora en varios encontros coa orquestra Vigo 430, e actúa baixo a dirección de batutas coma a de Dima Slobodeniouk, James Ross, Victor Pablo Pérez, Vicente Alberola, Diego García Rodríguez, Pietro Rizzo, Rubén Gimeno, Andrés Salado,  etc..

Realiza o Curso de Especialización Instrumental (2013-14) na Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filharmónica de Galicia con José Vicente Faus, e, dende o ano 2013, é membro activo da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia, onde asiste a clases con Alejandro Sanz, José Belmonte e José A Trigueros.

A partires do ano 2014 colabora en diversos programas coa Orquesta Sinfónica de Galicia, destacando a xira polos Emiratos Árabes Unidos, en 2016.

Ademáis dunha formación clásica, compaxina os seus estudos académicos coa participación como batería e vibrafonista de diversos grupos do panorama jazzístico, rock, heavy e funk vigués, así como percusionista colabadoror en diferentes bandas de música. Tamén se introduce recentemente no mundo da televisión, sendo semifinalista no programa Got Talent España, co grupo de percusión Abmiram Quartet.

 

Actualmente estuda percusión co mestre Carlos Castro no Conservatorio Superior de Música de Vigo.